Triacastela celebra a terceira xornada de Camiños e Cantares nos eidos da Bremanza

SarriaXa
Triacastela celebra a terceira xornada de Camiños e Cantares nos eidos da Bremanza: Unha Peregrinación Literaria
caminos cantares triacastela portada
24 Sep 2022

O concello de Triacastela acolle na tarde de hoxe, a partir das 17.00 horas, a terceira xornada de Camiños e Cantares nos eidos da Bremanza: Unha Peregrinación Literaria.

O acto, organizado pola Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (Apecsa) co apoio do Xacobeo 21-22,  celebrarase na igrexa de Triacastela para conmemorar o 25 aniversario do pasamento do poeta Fiz Vergara Vilariño e o 60 aniversario da viaxe do periodista e escritor Álvaro Cunqueiro do Cebreiro a Santiago de Compostela.

No marco deste programa xa se desenvolveron sesións en O Cebreiro e Samos e agora tócalle a Triacastela. Proximamente, o sábado día 1 de outubro, pecharase o ciclo en Sarria cun acto en A Unión, a partir das 12.00 horas.

PROGRAMA

17.00 horas - Apertura dos actos coa intervención de Olga Iglesias (alcaldesa de Triacastela), Emilio Coego Varela (párroco de Triacastela e representante do Xacobeo) e Xosé María García Palmeiro (presidente da Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago, Apecsa).

O que presentará o acto será Xosé María García Palmeiro e a música correrá a cargo de Son Galego (Rafa, Anxo e Pepe Romero).

17.20 horas – Terá lugar unha charla sobre A  montaña na prehistoria: A Cova de Eirós, da man de Ramón Fábregas Valcarce (catedrático de Prehistoria da Universidade de Santiago de Compostela).

17.45 horas – Haberá unha intervención musical.

18.00 horas -  Terá lugar unha lectura colectiva de textos e poemas: O primeiro será de Álvaro Cunqueiro (El Viaje a Triacastela. A la sombra del oscuro Oribio, siguiendo las aguas que van al Miño).

Deseguido, leranse textos da autoría de Uxío Novoneyra, Fiz Vergara Vilariño, Marica Campo, Amador Iglesias Soto, Mirella López Díaz, Xosé López Fernández, Olga Novo, Vicente Reboleiro, Ramón Cabanillas e Luís Celeiro Álvarez.

18.50 horas – Terá lugar un acto en lembranza da amiga Pilar Armesto Valiña, coa periodista Dolores Cela Castro.

18.55 horas – Como peche final do acto haberá unha intervención musical.

caminos cantares triacastela
0.15173292160034