Triacastela celebra este sábado súa Feira de Artesanía e Produtos Locais
Triacastela celebra, un ano máis, a súa XII Feira de Artesanía e Produtos Locais o vindeiro sábado, 28 de setembro, que incluirá diferentes actividades durante toda a xornada.
Desta maneira, todas as persoas interesadas poderán visitar os distintos postos nos que se exporán e venderán produtos relacionados coa artesanía e cos produtos locais.
Como o ano pasado, esperéase que todo comece ás 11.00 horas coa apertura dos postos de artesanía e produtos da zona. O ano pasado, tivo lugar a presentación do Centro de Interpretación Ferrería da Ponte e houbo unha ruta guiada polo municipio da man de Guido Guía.
Tamén houbo demostracións de cestería na carpa diante do Concello, e unha demostración polo Ferreiro Fritz na Ferrería da Ponte, así como tamén tivo lugar un taller de artesanía Amorote.