Triacastela celebra o Samaín con diversas actividades no centro educativo
SarriaXa
Todas as actividades rematarán o día 30, cando se celebrará o magosto e o Samaín de forma conxunta co CEIP Samos
21 Out 2024
O CEIP Eduardo Cela Viva de Triacastela programa un amplo calendario de actividades para celebrar o Samaín, desde este mércores, 23, e ata o vindeiro 30 de outubro.
Desta maneira, nesta semana, os días 23 e 24 de outubro a partir das 16.00 horas terá lugar un obradoiro de disfraces e o día 25 celebrarase o Club de Lectura do Oribio, neste caso terrorífico.
Para a seguinte, o día 28 haberá unha mostra de vasoiras e repostería de outono, o día 29 haberá personaxes aterradoras e o día 30 celebrarase o magosto e Samaín co CEIP de Samos.