Triacastela conseguiu que o antigo treito da estrada LU-633 sexa de titularidade local

SarriaXa
Triacastela conseguiu que o antigo treito da estrada LU-633 sexa de titularidade local xa que pasa polo núcleo do municipio
triacastela concello
21 Apr 2023

O Concello de Triacastela solicitou á Xunta a cesión da titularidade dun treito antigo da estrada LU-633 (LU-134) e do seu ramal de acceso, xunto co seu dominio público viario, unha petición que foi aprobada polo Consello da Xunta.

Así, a Xunta autorizou o decreto polo que se aproba o cambio de titularidade a prol do Concello de Triacastela deste tramo que conecta coa estrada LU-633 no punto quilométrico 27+430 e no 27+830 e que conta cun ramal intermedio de acceso á estrada LU-633, no punto 27+640.

Segundo o decreto, "trátase dun treito de carácter local e urbano, que constitúe unha rúa do núcleo de Triacastela e que carece de funcionalidade na rede autonómica de estradas de Galicia".

Esta transferencia tramítase de acordo co previsto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, que establece a súa aprobación por decreto da Xunta, a proposta da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, competente en materia de estradas, e logo do acordo entre as administracións implicadas.

Co cambio de titularidade aprobado hoxe polo Consello da Xunta, o Concello de Triacastela terá a competencia para actuar neste treito e esta transferencia permite avanzar no Plan Básico Autonómico de Triacastela, que está en tramitación, ao xa non ser esixibles as determinacións da normativa en materia de estradas a este treito.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15504789352417