Triacastela conta cunha oficina de información ao peregrino
SarriaXa
O servizo prestarase durante o verán e ata que remate o mes de outubro en horario de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 19.00 horas de luns a venres
23 Ago 2024
O Concello de Triacastela conta desde primeiros de agosto cunha oficina de información ao peregrino que atende María Elena López desde o baixo da Casa Consistorial.
O servizo prestarase durante o verán e ata que remate o mes de outubro en horario de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 19.00 horas de luns a venres.
Ademais de ofrecer información turística e recomendacións aos camiñantes, na oficina tamén se sela a credencial e poden consultar folletos e material divulgativo sobre o pobo e sobre o Camiño Francés.
Tamén se lle fai unha enquisa de satisfacción aos e ás camiñantes para coñecer a súa opinión sobre a ruta xacobea e sobre os lugares, servizos e establecementos que visitan.