Triacastela contará cunha unidade móbil da ITV para vehículos agrícolas

SarriaXa
Triacastela contará cunha unidade móbil da ITV para vehículos agrícolas
tractor itv agricola
25 Xan 2023

Unha unidade móbil da Inspección Técnica de Vehículos (ITV) estará no Concello de Triacastela do 10 ao 15 de febreiro para dar servizo aos vehículos agrícolas que queiran pasala.

Será a praza do Concello a que acolla a estes particulares en horario de mañá, de 9.00 a 13.30 horas, e de tarde, de 15.15 a 18.00 horas; agás o 10 de febreiro, que só se poderá ir en horario de mañá.

Para solicitar a cita previa, as persoas interesadas deberán chamar ao teléfono 902 30 90 00 ou a través da web www.sycitv.com.

ITV Triacastela
0.14263486862183