Triacastela continúa coa campaña de compostaxe nos domicilios do municipio

SarriaXa
O Concello de Triacastela segue a levar a cabo a súa campaña de compostaxe que busca fomentar a reciclaxe de residuos orgánicos
compostaxe triacastela
compostaxe triacastela
7 Dec 2022

Continúa activa a campaña de compostaxe do Concello de Triacastela ideada para contar coa participación dun total de 25 vivendas.

A campaña de compostaxe que se está a levar a cabo no concello de Triacastela, comprende a participación de 25 vivendas pertencentes preferentemente á zona rural do municipio, sendo a condición indispensable posuír un espazo de horta e/ou xardín no que colocar un composteiro, que os veciños e veciñas recibirán de forma totalmente gratuíta.

Os interesados poderán inscribirse ben na propia carpa que se coloca no municipio ou ben nas oficinas municipais, de xeito presencial ou de forma telefónica chamando ó teléfono 982 548 147 e ata fin de existencias.

Esta iniciativa que busca fomentar a reciclaxe de residuos orgánicos, desenvólvese en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia -no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU-, e complementa a outras iniciativas desta índole levadas a cabo polo ente municipal.

0.16846895217896