Triacastela está a organizar clases de zumba

SarriaXa
O Concello de Triacastela está a organizar clases de zumba para esta tempada de primavera e que serán impartidas os martes
zumba 2
26 Mar 2023

O Concello de Triacastela está a organizar clases de zumba para esta tempada de primavera e que serán impartidas os martes pola tarde no polideportivo do Colexio.

As persoas que o desexen poden ir a clases soltas só un dos días ou todo o mes. Non é preciso ser da localidade. Poden participar peregrinos ou visitantes tamén.

As persoas interesadas poden anotarse ou pedir información chamando ao 686 47 34 14.

Este tipo de exercizo mellora o sistema circulatorio e cardiovascular. Coa realización deles mellórase a coordinación, aumenta a flexibilidade do corpo e quéimase unha gran cantidade de calorías, polo que permite a baixada de peso.

0.17175793647766