Triacastela organiza dúas actividades sociais para o mércores

SarriaXa
O mércores 28 de decembro o local social Fonte do Lunar de Triacastela acolle un obradoiro de tecido nunha máquina tricotosa circular impartido por María José Martínez e José Antonio Carrera.
27 Dec 2022

O mércores 28 de decembro o local social Fonte do Lunar de Triacastela acolle un obradoiro de tecido nunha máquina tricotosa circular impartido por María José Martínez e José Antonio Carrera.

A actividade, financiada polo Xacobeo 21-22, estará aberto ao público adulto e infantil en horario de mañá, de 11.00 a 14.00 horas, e de tarde, de 16.00 a 19.00 horas, para as persoas que desexen participar.

Durante a mesma xornada, tamén terá lugar unha festa infantil de Nadal coa artista Magali en horario de tarde, de 16.00 a 19.00 horas nunha carpa instalada diante do Concello de Triacastela.

Os nenos e nenas que quieran poderán desfrutar dunha tarde entretida e gratis cun espectáculo de Nadal.

0.076496839523315