Triacastela organiza en setembro dous campamentos dixitais gratuítos para a mocidade

SarriaXa
As actividades, que se desenvolverán no local Fonte do Lunar do 1 ao 5 de setembro, están dirixidas a rapaces de entre 9 e 17 anos
Imaxe de ordenadores
7 Aug 2025

O Concello de Triacastela porá en marcha no mes de setembro unha nova proposta educativa centrada na formación dixital da mocidade. Trátase de dous campamentos presenciais de balde que terán lugar no local social Fonte do Lunar entre o 1 e o 5 de setembro, cun total de 25 horas de formación en cada quenda.

As actividades están orientadas a dous grupos de idade: por unha banda, nenos e nenas de entre 9 e 13 anos e, por outra, mozos e mozas de 14 a 17. O obxectivo é achegarlles competencias dixitais fundamentais para o seu desenvolvemento persoal e académico nun entorno dinámico e participativo.

Os campamentos ofrecerán dúas opcións horarias: unha en horario de mañá, de 9:00 a 14:00 horas, e outra pola tarde, de 16:00 a 21:00 horas. Para participar, será necesario formalizar a inscrición nas oficinas municipais antes do 14 de agosto.

Con esta iniciativa, o Concello reafirma a súa aposta por unha educación inclusiva e adaptada aos retos tecnolóxicos da sociedade actual.

⚙ Configurar cookies
0.14952611923218