Triacastela organiza o día 28 unha nova edición da Feira de Artesanía

SarriaXa
O encontro contará con numerosos expositores e actividades culturais para todos os públicos
Feira-da-Artesanía-Triacastela
6 Sep 2025

O Concello de Triacastela ten previsto celebrar o vindeiro día 28 a décimo terceira edición da Feira de Artesanía e Produtos Locais.

As persoas artesás que desexen participar poden inscribirse chamando ao teléfono do consistorio (982 54 81 47) de luns a venres en horario de mañá.

O pasado ano, o pregón correu a cargo de Santiago Soria, enxeñeiro de montes asentado en Triacastela. Ademais, o evento incluíu demostracións de oficios tradicionais, obradoiros de cerámica, actuacións musicais de Castro&Welikicky e Gaiteros de Goián, así como a presenza da biblioteca móbil da Xunta e o espectáculo infantil “Contamaxias”.

O goberno municipal xa traballa no deseño dun amplo programa, que cada ano atrae a veciños e visitantes. Na última edición reuníronse arredor de 60 postos, nos que se exhibiron desde pinturas e gravados ata creacións en madeira, feltro, papel, xoiería e elaboracións gastronómicas.

⚙ Configurar cookies
0.16144204139709