Triacastela poderá mellorar o Camiño de Teso grazas á financiación do Plan Único

SarriaXa
Triacastela poderá mellorar o Camiño de Teso grazas á financiación do Plan Único
Triacastela
23 Abr 2023

O Camiño de Teso, da parroquia triacastelá de Santalla de Alfoz, será mellorado grazas á financiación da Deputación de Lugo.

O Concello de Triacastela sacou a licitación por case 52.000 euros a súa mellora para que este treito de máis de 650 metros de longo e case 3 metros de ancho poida ser acondicionado, xa que non ten firme e dá acceso a varias parcelas de veciños.

A Deputación de Lugo, a través do seu Plan Único, destinou no programa de 2022 un total de 204.000 euros no Concello de Triacastela para mellorar vías, entre otras reformas.

0.19887399673462