Triacastela proxecta este domingo o filme Bella e o circo máxico

SarriaXa
O ciclo Cine na Rúa continúa este domingo no concello de Triacastela coa proxección de Bella e o circo máxico
cine rua triacastela portada
8 sep 2022

O concello de Triacastela organiza para este domingo día 11 ás 17.00 horas, unha sesión de cine ao aire libre coa proxección do filme Bella e o circo máxico.

A longametraxe que se poderá ver nunha pantalla xigante no CEIP Eduardo Cela, convértese en protagonista dunha nova sesión de Cine na Rúa, unha iniciativa para que os nenos do municipio desfruten da cultura.

O concello de Triacastela non só está a levar a cabo esta iniciativa para os máis cativos. Do 16 ao 18 de setembro terán lugar no concello multitudes actividades dirixidas a tódala mocidade dentro do programa Mocidade no Camiño.

Actividades vencelladas ao Camiño de Santiago centradas en facer novos amigos, o emprego das tecnoloxías e multitude de xogos nocturnos que farán as delicias de tódolos participantes.

Os interesados poderán reservar a súa praza ou solicitar calquera tipo de información no seguinte correo electrónico ojegalicia@gmail.com o no número de teléfono 679 728 832.

SINOPSE

Ella Bella e Henry son mellores amigos do mundo e xuntos decidiron montar un espectáculo de circo na súa pequena cidade, onde Ella Bella asombrará a todos cos seus números de maxia e a axuda de Henry. Pero entón chega Johnny, un neno novo no barrio, con xoguetes caros eh una bicicleta espectacular, abraiando a Henry.

cine rua triacastela
0.09778904914856