Triacastela recibirá axudas para a conservación de árbores e formacións singulares

SarriaXa
O concello de Triacastela recibirá axudas para a mellora, conservación e divulgación de árbores e formacións singulares
arbores
12 Sep 2022

O concello de Triacastela, atópase entre os municipios que se beneficiarán do plan de axudas locais levado a cabo pola Xunta de Galicia, que vén de resolver a concesión de 21 axudas por preto de 40.000 euros para actuacións de mellora, conservación e divulgación das árbores e formacións singulares, segundo o Diario Oficial de Galicia.

Na liña de axudas a administracións locais, a Xunta concedeu 10 axudas que se distribúen entre os concellos de Triacastela, e outros coma Caldas de Reis, Padrón ou Oleiros.

Por outra banda, a Dirección Xeral de Patrimonio Natural da consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, vén de aprobar 11 subvencións a 6 entidades propietarias ou particulares.

Entre as actividades concedidas figuran a realización de podas e actuacións de formación e control da copa, a aplicación de tratamentos fitosanitarios, as acciones de conservación e mellora do entorno, iniciativas de divulgación e sinalización e a execución de estudos.

CATÁLOGO

Tódolos elementos que reciben subvención están recollidos no Catálogo galego de árbores singulares, un rexistro público de carácter administrativo no que se inclúen todas aquelas árbores e formacións que en atención ás súas características excepcionais, merecen unha protección especial.

Trátase dunha ferramenta aberta e en constante actualización, na que poden propoñer a inclusión de elementos novos os seus propietarios, as administracións, os centros de investigación ou as asociacións e aquelas entidades privadas ou públicas que teñan entre os seus fins estatutarios a protección da natureza.

De feito, dende a aprobación da súa regulación no ano 2007, foi obxecto de diversas revisións e periodicamente sométense a información pública novas propostas para valorar a posible incorporación de exemplares con valores destacables. Nestes momentos, o catálogo suma xa 183 elementos (145 árbores e 38 formacións) pertencentes a 79 especies diferentes.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15949892997742