Triacastela reivindicou un rural máis feminino e activo
Xa está dispoñible o vídeo completo coas intervencións pronunciadas no día de onte en Triacastela con motivo da visita do Autobús da Repoboación, unha campaña que percorreu o Camiño de Santiago concienciando e reivindicando un rural máis feminino e máis activo.
Na iniciativa, impulsada pola organización El Hueco, participaron moitas mulleres de Triacastela que "evidencian un futuro moi prometedor para o noso rural". Así mesmo, a conselleira de Política Social, Fabiola García, sinalou ás casas niño e casas do maior como un factor potenciador do emprendemento da muller rural.
A conselleira destacou que "o Goberno galego traballa para impulsar servizos e recursos para que as galegas e galegos queixan e poidan asentarse nas zonas rurais". Neste sentido, apuntou que é preciso reivindicar as posibilidades destas zonas menos poboadas para medrar e crear emprego.
Ademais, lembrouse que se puxeron en marcha 90 casas niño e 90 casas do maior coa finalidade de que as familias conten con servizos de conciliación da vida familiar e laboral. Así mesmo, esta iniciativa permitiu "a creación de postos de traballo, na súa maioría femininos, o que permite dar unha alternativa ás persoas que desexan vivir nestas contornas".