Triacastela remata as obras da contorna do centro de saúde
SarriaXa
O Goberno local do Concello de Triacastela vén de rematar as obras de adecuación da contorna do centro de saúde.
11 May 2021
O Goberno local do Concello de Triacastela vén de rematar as obras de adecuación da contorna do centro de saúde.
A actuación enmárcase no Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos rubricado entre as administracións locais e a Deputación de Lugo e supuxo un investimento de 33.750 euros.
En concreto, as obras supuxeron a renovación do firme exterior do centro de saúde, así como o reacondicionamento do parque infantil do que poderán gozar todos os nenos e nenas.
Tamén se fixo unha zona de aparcamento para cubrir os vehículos do tempo e, nesa mesma zona, engadiuse unha varanda.
A actuación foi executada pola empresa Jesús y Páramo S.L.