Triacastela: Ruta da Capela de San Mamede

SarriaXa
Roteriro de percorrido circular con saída e chegada no Concello de Triacastela previo paso pola Capela de San Mamede
ruta triacastela1
5 Jun 2022

Roteiro circular, con saída e chegada a Triacastela previo paso pola Capela de San Mamede e recorrido total de 4 kilómetros. Dificultade moderada pero cun par de pendentes máis complicadas nas que se recomenda ir con precaución.

Creada no ano 2019, a Ruta da Capela de San Mamede pronto tivo unha grande aceptación entre os veciños pero tamén entre os peregrinos que chegan a Triacastela a través do Camiño Francés. O roteiro discurre por unha zona incluida na Rede Natura e na que habitan especies protexidas.

Ademais dun percorrido curto e moderadamente fácil de realizar, ofrece outros interesantes atractivos como atopar durante o paseo dúas alvarizas, antigas construcións circulares de pedra que se empregaban para protexer as colmeas do mal tempo e dos animais, unha fonte ou a propia Capela de San Mamede, unha pequena construcción de carácter relixioso situada nun pequeno alto da serra dende o que hai unhas fermosas vistas da montaña lucense.

MODIFICACIÓN DO TRAZADO INICIAL

Por iso, o Concello non tardou demasiado en variar o seu plan orixinal e transformar o roteiro inicial de 2,5 kilómetros con saída en Triacastela e chegada na Capela de San Mamede nunha ruta circular de 4 kilómetros con saída e chegada preto do propio Concello, no monumento ao peregrino. Agora, gracias as reformas realizadas e a instalación dunhas escaleiras de madeira, o camiño de ida e o de volta fanse por sitios distintos, con apenas un treito común ao inicio e ao final, e case sempre por sendas antigas sen case pisar estradas asfaltadas.

BOSQUES DE CASTAÑOS, CARBALLOS E BIDUEIROS

O percorrido comeza nos arredores do propio Concello de Triacastela e na súa parte inicial discorre á beira do río Oribio. É o tramo máis fácil de realizar cunha escasa pendente e, como a maior parte do roteiro, discorre a través dun fermoso bosque no que non podían faltar castiñeiros, carballos ou bidueiros.

A metade do camiño deixase o río Oribio para iniciar un pequeno ascenso seguindo o curso dun dos seus afluentes, o Rego do Abrairal, que culminará no último treito coa subida máis pronunciada de todo o roteiro para chegar á Capela de San Mamede.

O tempo estimado para facer o percorrido completo sitúase en torno a 1 hora e 15 minutos partindo dunha altura de 709 metros no Concello de Triacastela para chegar á altura máxima de 837 metros na Capela de San Mamede cun desnivel total de 188 metros.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18142509460449