Triacastela suma unha nova centenaria
O concello de Triacastela celebra o cumpreanos número cen da súa veciña Aurora Gayo González.
Aurora naceu en Vilar, Triacastela, tivo tres fillos, xa falecidos, dous netos e dúas bisnetas. Vive coa súa nora Sara e a súa neta Margarita na casa de Salgado da Vilavella onde casou hai preto de 80 anos con Manuel Salgado Samos. É viúva desde o ano 2004.
“A miña avoa atópase bastante ben para ter cumpridos os cen anos malia que fala moi pouquiño e agora xa non realiza ningún tipo de traballo como é normal, nin na casa nin no campo. A ela sempre lle gustou moito facer este tipo de tarefas. Aínda se move con axuda pero moi despaciño e precisa da nosa axuda e os nosos coidados durante todo o día”, afirma a neta de Aurora, Margarita Salgado Pardo.
A centenaria dedicouse á vida da casa e do campo e vive marabillosamente coidada pola súa nora e a súa neta.
Con motivo do seu centenario recibiu a visita da alcaldesa de Triacastela, Olga Iglesias, e do tenente de alcaldesa Bautista Arias.
O concello de Triacastela conta a día de hoxe con dúas centenarias.