Triacastela une á comunidade escolar nunha carreira solidaria contra a leucemia infantil

SarriaXa
O alumnado de Triacastela deseñou o itinerario, elaborou carteis e balizas, e coñeu a temática da leucemia infantil a través da historia de Candela
Andaina-contra-a-leucemia-Triacastela-Samos-e-O-Incio
11 Jun 2025

A tradicional Xornada de Convivencia entre o CEIP Ricardo Gasset do Incio, o CEIP de Samos e o CEIP Eduardo Cela Vila deste ano consistiu nunha carreira-andaina para visibilizar e recadar fondos para a investigación contra a leucemia infantil.

O profesorado do colexio triacastelá, coa colaboración do Concello e o apoio da Fundación “unoentrecienmil”, foi o encargado de levar a cabo a iniciativa, polo que o alumnado de Triacastela deseñou o itinerario, elaborou carteis e balizas, e coñeu a temática da leucemia infantil a través da historia de Candela, unha nena que superou a enfermidade.

No día da xornada, estudantes, profesorado, familias e os máis pequenos da Casa Niño “Cabaciña” camiñaron e correron con ilusión ata a Praza do Concello, onde os agardaba unha meta adornada con globos dourados —a cor da leucemia infantil—, un diploma, unha medalla e a oportunidade de asinar no Libro de Ouro do Concello.

A xornada rematou cun xantar conjunto no comedor do colexio triacastelá, fortalecendo os lazos entre as comunidades escolares nun ambiente de solidariedade e diversión.

⚙ Configurar cookies
0.18322205543518