Triacastela xa conta cunha nova casa niño chamada 'Cabaciña'

SarriaXa
A Casa Niño Cabaciña ofrecerá atención a cinco nenos e nenas de entre 0 e 3 anos, de luns a venres, permitindo ás súas familias conciliar a vida laboral
Casa-Niño-Cabaciña-Triacastela
27 Mar 2025

Triacastela contará cun novo espazo de atención infantil coa apertura da Casa Niño Cabaciña, promovida por Lorena García. O proxecto instalarase no CEIP Eduardo Cela Vila, onde anteriormente se atopaba a Casa Niño Vivarachos.

Lorena explica que escolleu o nome Cabaciña porque simboliza protección, tenrura e proximidade, valores esenciais para crear un ambiente seguro no que os pequenos se sintan como na súa propia casa.

Esta semana ábrese o período de reserva de prazas para este curso. A Casa Niño Cabaciña ofrecerá atención a cinco nenos e nenas de entre 0 e 3 anos, de luns a venres, permitindo ás súas familias conciliar a vida laboral mentres os pequenos reciben coidados e participan en actividades estimulantes para o seu desenvolvemento.

Para máis información sobre o servizo e as instalacións, as persoas interesadas poden contactar a través do teléfono 609 18 54 38.

Desde o Concello de Triacastela deséxanlle moita sorte a Lorena García neste novo proxecto que reforza o apoio á infancia e á conciliación familiar no municipio.

⚙ Configurar cookies
0.03275990486145