Últimos días para visitar a exposición Tras as montañas en Sarria

SarriaXa
O día de hoxe e o día de mañá serán os últimos días para poder visitar a exposición Tras as montañas, de Jesús Otero-Yglesias.
cartel exposicion tras as montañas sarria
21 Oct 2021

O día de hoxe -21 de outubro- e o día de mañá serán os últimos días para poder visitar a exposición Tras as montañas, de Jesús Otero-Yglesias. A mostra, que se atopa na antiga prisión preventiva de Sarria, está dispoñible dende o pasado día 11. Esta exposición é imaxinación do que sería posible atopar mais alá do coñecido. Tras as montañas, o enigmático, o marabilloso, a evasión, incluso o inquietante.

Toma forma de dobre posta en escena que ten en conta as peculiaridades dos espazos expositivos. O primeiro, a sala, prívase de iluminación natural para crear un peculiar xogo de sombras. No segundo, o patio, dase protagonismo ao muro mediante unha instalación fundada no poder simbólico da cor.

Ambas as intervencións nútrense dun imaxinario propio ao que acompaña a referencia á obra de Rogier Van der Weyden.

A exposición poderase visitar ata o vindeiro 22 de outubro na antiga prisión preventiva – oficina municipal de turismo de Sarria, de luns a venres de 9.15 a 14.30 horas. Para consultar outros horarios de apertura pódese chamar aos números de teléfono 982 530 668 e 982 535 000.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16178798675537