Un agosto pasado por auga en Láncara
Láncara organiza diferentes actividades acuáticas durante este mes de agosto e primeiros do mes de setembro, para refrescar o verán dos máis pequenos de maneira lúdica e divertida.
A primeira actividade que se vai a realizar será o sábado 7 de agosto. A praia fluvial da Pobra de San Xiao será a encargada de acoller unha festa típica onde o difícil é non pasalo ben, e é a festa da escuma. Unha actividade de ocio e de auga na que, os que máis e os que menos, acabarán ata arriba de escuma. O 14 de agosto, esta actividade realizarase na praia fluvial de Láncara para que todos os veciños e veciñas poidan disfrutar de un día refrescante e ameno.
Os días 20, 21, 22 e 23 de agosto voltará a actividade á praia fluvial da Pobra de San Xiao, onde o deslizador acuático Z-Gravity será o encargado de poñer a diversión. Novamente, unha actividade acuática para que os días de agosto sexan o máis amenos e refrescantes posibles.
Para rematar, o sábado 4 de setembro, a praia fluvial de Láncara acollerá unha xornada de actividades fluviais gratuítas. Tobogáns, kaiaks, paddle surf e rocódromos acuáticos, son algunhas das actividades das que todos os nenos e nenas que o desexen poderán disfrutar. O horario no que se levará a cabo será de 16 a 19 horas e os participantes contarán con monitores especializados, que lles ensinarán e cos que farán as diferentes actividades dispoñibles.
Desta maneira, os nenos e nenas gozarán dunha tarde de río diferente, fresca e amena; na que se poderán xuntar veciños, veciñas e visitantes da vila.
Estas actividades están dirixidas a nenos e nenas de entre 3 e 16 anos que poderán disfrutar de xornadas de ocio e de lecer. Así mesmo, levaranse a cabo as medidas sanitarias correspondentes. Ademais, as actividades están condicionadas ás disposicións que diten as autoridades sanitarias con motivo da incidencia da covid19.