Un café-coloquio organizado polo PP de Sarria xuntou a mulleres de diferentes ámbitos e idades

SarriaXa
Un café-coloquio organizado polo PP de Sarria xuntou a mulleres de diferentes ámbitos e idades para falar de emprendemento e conciliación
PP coloquio
28 Abr 2023

O PP de Sarria organizou un café-coloquio na galería de La Unión, no que se xuntaron mulleres de distintos ámbitos e idades para conversar en torno aos retos no eido da igualdade baixo o título “A Muller na Sarria do S. XXI: Retos e apoios” e no que participou a conselleira Mª Jesús Lorenzana.

A candidata do Partido Popular á alcaldía do concello de Sarria, Carmen José López, presentou ó acto facendo énfase no feito de que a Consellería da que é titular Chus Lorenzana aglutina algunhas das áreas que terán un peso prioritario no programa electoral deste partido cara ao 28 de mayo: O emprego, o emprendemento e a igualdade.

López salientou a importancia de que os concellos se preocupen por facilitar á cidadanía servizos que faciliten a conciliación por ser esta unha palanca importante para acadar unha igualdade real e efectiva, toda vez que na práctica o coidado de nenos e dependientes segue a recaer, maioritariamente, nas mulleres.

Ao respecto, tanto a candidata como a conselleira lamentaron o feito de que por parte do Concello de Sarria se perderan as axudas que a Xunta destina para apoiaar aos Concellos no fomento da conciliación.

Tamén se falou coas asistentes de emprendemento e emprego ás que se lles anunciou a intención de crear unha oficina de apoio ao emprendemento con espazo Coworking, iniciativa que, tal e como defendeu a conselleira, estaría ligada á rede de polos de emprendemento que puxo en marcha Xunta de Galicia e que está resultando un importante dinamizador en distintos territorios da Comunidade Autónoma.

0.15103602409363