Un concurso da Deputación propón unha foto de Triacastela como candidata a gañar
SarriaXa
Un concurso en redes sociais do Servizo de Audiovisuais da Deputación de Lugo propón unha foto de Triacastela como candidata a gañar
1 Feb 2023
Unha foto do Concello de Triacastela na que se ve como a neve cubriu todo o territorio esta semana pasada é unha das candidatas de converterse na imaxe da páxina do Servizo de Audiovisuais da Deputación de Lugo.
A antiga coñecida como TIC Lugo propón este concurso de participación pública e cidadá a través das súas redes sociais para dar a coñecer paisaxes da nosa contorna.
Así, o último día de cada mes subirán ás súas redes sociais varias fotos da provincia de Lugo e os participantes deberán votar a súa preferida, que será a imaxe do servizo audiovisual.
Neste mes de xaneiro, as candidatas foron a Fervenza da Seimeira de Vilagocende, da Fonsagrada; Illa Pancha, de Ribadeo; a neve de Triacastela e a Ruta das Chousas, do Concello de Lugo.