Un curso de capacitación dixital para adultos será impartido no IES Gregorio Fernández de Sarria

IES Gregorio Fernández de Sarria acollerá a partir do 18 de setembro un curso de capacitación dixital para adultos durante 115 días lectivos.
Esta formación, que terá unha duración de 30 horas, está dirixida a persoas maiores que estean interesadas en aprender a utilizar de forma segura internet para evitar estafas, crear e xestionar contas de correo electrónico, solicitar citas previas nas distintas administracións públicas, solicitar certificados dixitais, realizar comprar por internet, realizar videoconferencias, programar viaxes por internet e realizar transaccións bancarias en liña.
Así, os interesados deberán cubrir unha solicitude de inscrición no instituto durante o mes de setembro, de 09.00 a 13.30 horas.