Un espectáculo de títeres en Láncara o vindeiro venres
SarriaXa
O Concello de Láncara acolle o vindeiro venres 15 de outubro a obra Xogo revolto, un teatro de títeres para nenos e nenas.
12 Oct 2021
O Concello de Láncara acolle o vindeiro venres 15 de outubro a obra Xogo revolto, un teatro de títeres que tenta que a visibilización de certos comportamentos den lugar á reflexión persoal é a un posterior debate entre nenas e nenos que os leve a descubrir solucións conxuntas a situacións imaxinarias, igual, do seu día a día.
O espectáculo levarase cabo ás 16.30 horas na biblioteca pública de Láncara e está dirixido a nenos e nenas de 4 a 11 anos. Así mesmo, as prazas son limitadas polo que é preciso inscribirse na biblioteca -pode ser de 9.30 a 13.30 ou de 16 a 18 ou no número de teléfono 982 543 066-.
A actuación está suxeita ás medidas sanitarias correspondentes.