Un grupo de peregrinos con diversidade funcional comezaron unha nova etapa do Camiño Francés en Sarria

SarriaXa
Un grupo de persoas con diversidade funcional, maioritariamente con ELA, comezaron en Sarria unha nova etapa do Camiño de Santiago a través do Camiño Francés que comezaron en Pedrafita do Cebreiro, pasando estes días por Triacastela e Samos e chegando así a Sarria.
diversidade funcional Camiño de Santiago
5 sep 2023

Un grupo de persoas con diversidade funcional, maioritariamente con ELA, comezaron en Sarria unha nova etapa do Camiño de Santiago a través do Camiño Francés que comezaron en Pedrafita do Cebreiro, pasando estes días por Triacastela e Samos e chegando así a Sarria.

Os concelleiros Félix Seijas e Geni Valcárcel acompañaron a este grupo de persoas para mostrar o apoio do goberno local e promover un Camiño universal, accesible e inclusivo, así como o respecto ao dereito dunha vida digna, fomentando o desenvolvemento persoal deste colectivo na sociedade.

Este grupo está formado por peregrinos de 14 a 78 anos de idade procedentes de Europa, Asia, África e América.

0.18139791488647