Un guía turístico reforza a proxección do Camiño na comarca de Sarria
A Deputación de Lugo apoia a proxección do Camiño de Santiago ao seu paso pola comarca de Sarria ao contribuír á contratación dun guía turístico cunha axuda económica. Esta persoa atenderá no local do colectivo Amigos do Camiño de Santiago, tal e como recolle o convenio asinado no pazo de San Marcos entre o presidente da Deputación, José Tomé Roca, e o presidente desta asociación, Jorge López, que dispón dunha subvención de 3.000 euros para este fin.
Desta maneira, vese reforzado o papel deste colectivo neste ano Xacobeo ao contratar unha persoa máis que se suma ao traballo que agora mesmo realizan os voluntarios desta asociación. O novo guía terá unha xornada de 3 horas diarias durante os meses de xuño a setembro con dominio de linguas como o inglés, francés, xaponés e o coreano. A atención será, principalmente nas horas centrais do día, momento no que chega a meirande parte dos peregrinos a esta comarca.