Un novo gromo en Sarria rompe a tendencia á baixa da provincia
A covid volve reducir o volume de novos positivos e con menos hospitalización segue baixando os datos xerais de incidencia na provincia. O balance rómpeo Sarria, que debuta con 14 casos dun gromo.
Así, hoxe son 210 casos activos, que son 26 menos que onte. Na xornada anterior o descenso foi de 8.
De feito, diagnosticaron nas últimas 24 horas 3 casos novos (onte foron 17). Ademais, as altas chegaron ás 11.410, 34 en 24 horas, o día anterior foron 27.
Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 11.835 casos rexistrados e 210 persoas falecidas.
A presión hospitalaria baixa un pouco máis. Na UCI do Hula seguen 6 pacientes, e en planta son 16 enfermos (2 menos), 9 no hospital de Lugo (3 menos), 5 en Monforte (1 máis) e 2 en Burela.
POR COMARCAS
A Mariña
A comarca vai sumando casos limpos de covid mentres a situación en Lourenzá, en alerta media, mantense estable.
- Lourenzá segue en alerta media pero por debaixo de 10 casos.
- Sen casos novos en 15 días están: Trabada, Ourol, Xove, O Vicedo, Cervo, Barreiros, Foz, Alfoz, Riotorto e O Valadouro. Únese Ribadeo.
- Na última semana tampouco tiveron Mondoñedo e A Pontenova.
Terra Chá
Guitiriz seguirá coa alerta media uns días máis coa covid controlada. Vilalba suma unha semana sen casos novos mentres Friol sae do grupo de concellos limpos. No resto, estabilidade. Só suma As Pontes.
- Guitiriz, en alerta media, mantén 12 casos novos en quince días.
- No veciño Concello das Pontes están en 16 casos, un máis.
- Sen casos nos últimos quince días están: Pol, Abadín, Cospeito, Castro de Rei, Muras, A Pastoriza, Begonte, Outeiro de Rei e Rábade.
- Nos últimos sete tampouco tivo casos Meira e Vilalba.
Centro da provincia
Lugo segue á baixa e sen cambios no resto da comarca.
- Lugo reduce novamente 6 casos e queda en 41 en total.
- Limpos de covid nos últimos quince días están: A Fonsagrada, Pedrafita do Cebreiro, Negueira de Muñiz, Navia, Cervantes, Ribeira de Piquín, Becerreá, As Nogais, Portomarín, Antas de Ulla, Palas, O Corgo e Baralla.
Comarca de Sarria
Paradela entra hoxe en alerta vermella con 14 casos e Sarria detecta un gromo, tamén con 14 casos.
- Paradela suma un caso máis e xa son 14 cunha incidencia elevada, por riba do 500 por 100.000 habitantes.
- Un novo gromo deixa a Sarria con 14 casos tras levar varios días limpa de covid.
- Láncara, Triacastela, O Incio e O Páramo seguen limpos de covid.
Ribeira Sacra
A Pobra de Brollón pasa a alerta máxima malia non ter casos novos na última semana. Chantada sobe a situación media de alerta. Sober entre no grupo de concellos sen covid nos últimos 15 días.
- Monforte sobe hoxe a 25 casos, 1 máis.
- Chantada segue con 14 casos e entra en alerta media.
- A Pobra de Brollón seguirá en alerta máxima malia non ter casos na última semana e estar por debaixo de 10.
- Sen casos en quince días: Carballedo, Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas do Sil.
- Sen casos nos últimos sete días está O Saviñao e entra Sober.