Un novo obradoiro sobre lectura e para familias terá lugar en Sarria esta tarde

SarriaXa
Un novo obradoiro sobre lectura e para familias será impartido no IES Xograr Afonso Gómez esta tarde a partir das 16.30 horas
ies xograr afonso gomez 2
9 Xuño 2023

Esta tarde, a partir das 16.30 horas, a biblioteca do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria acollerá un obradoiro práctico pensado para "provocar a conversa lectora en torno a un feixe de bos libros", explican desde o centro educativo.

O detonante de toda esta conversa é unha proposta por situar a todos os participantes (pais, nais, fillos e fillas) nun escenario cercano ao dos mundos distópicos que adoitan protagonizar na actualidade tantas novelas e series de televisión que triunfan entre a adolescencia.

Así, as persoas participantes traballarán en grupo para rescatar libros e analizar que nos aportan moitas destas obras e durante a actividade debaterase sobre a labor do acompañamento lector na adolescencia.

0.11004090309143