Un obradoiro de imprenta creativa terá lugar este domingo no Páramo

SarriaXa
Este domingo, 22 de outubro, a Casa da Cultura do Páramo acolle un obradoiro de imprenta creativa para nenos e nenas, pero tamén adultos do municipio que queiran achegarse a desfrutar dunha tarde diferente.
Mercado cole Paramo
21 Out 2023

Este domingo, 22 de outubro, a Casa da Cultura do Páramo acolle un obradoiro de imprenta creativa para nenos e nenas, pero tamén adultos do municipio que queiran achegarse a desfrutar dunha tarde diferente.

Da man de Alouette Machine, un proxecto mutante e errante, os participantes poderán facer impresións nun espazo de creación, papel, palabra, poesía, fugas e paixóns, ira e dúbidas.

Todas as persoas interesadas en participar poderán achegarse á Casa da Cultura a partir das 17.00 horas para participar desta actividade, desenvolvida no marco do programa 'Ler conta moito' da Rede de Bibliotecas de Galicia.

imprenta o paramo
0.14730715751648