Un paradelense consigue o primeiro posto nun encontro de investigadores emprendedores
O investigador paradelense, Daniel Abella, e o seu equipo conseguiron o primeiro posto nun encontro de emprendedores.
Co proxecto ‘NBusCeliac Rapid Test’, o equipo da USC integrado por Daniel Abella López, Alejandro Failde Fiestras e Adrián López Teijeiro acadou o primeiro posto no Encontro Internacional de mozas e mozos Emprendedores que se desenvolveu na cidade portuguesa de Viseu.
Estes investigadores do CiQUS, pertencente ao Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS), desenvolveron un proxecto sobre un test rápido para detectar a enfermidade celíaca.
Na súa presentación, os investigadores explicaron como só un 30% das persoas que padecen esta enfermidade están diagnosticadas.
Ante esta situación, o proxecto ‘NBusCeliac Rapid Test’ conforma un método non invasivo a través dunha pequena mostra de sangue, cunha duración de 20 minutos e con gran sensibilidade e precisión.