Un particular merca a fortaleza na que se atopa a Torre do Batallón de Sarria

SarriaXa
A familia Pérez Batallón tiña o inmoble á venda desde hai máis de quince anos por un valor de 1.100.000 euros
Torre-do-Batallón-Sarria
2 Ago 2024

A Torre do Batallón será vendida a un empresario sarriao, que merca a fortaleza da familia Pérez Batallón e perde así o Concello a oportunidade de posuír o principal elemento patrimonial da vila, tal e como insistiu en facer o Partido Popular.

A fortaleza, considerada Ben de Interese Cultural en 2994, está á venda por 1.100.000 euros  desde hai máis de quince anos e o prezo inclúe a leira, de 9.000 metros cadrados, na que se atopa a torre e dúas vivendas.

Desta maneira, non se saben as intencións do comprador, pero tendo en conta que a normativa urbanística prohíbe a construción de inmobles de uso residencial, probalemente se dedicará a usos do sector servizos, hostaleiros ou hotaleiros.

0.18246698379517