Un proxecto do Incio quedou finalista nos XV Premios ao Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia

SarriaXa
O gañador, Adrián Armesto, ademais, é o promotor da aldea modelo de Trascastro, no Incio
Premio-Adrián-(O-Incio)-desenvolvemento-rural-da-Xunta
11 Dec 2024

Un proxecto do Incio, a Recuperación de terras abandonadas e posta en funcionamento, quedou finalista na categoría de Recuperación e posta en valor da terra agraria dos XV Premios ao Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia.

O gañador, Adrián Armesto, ademais, é o promotor da aldea modelo de Trascastro, no Incio, e xa aparecera como protagonista dun vídeo da Xunta de Galicia que se fixo viral.

@xuntadegalicia 🏡 Visitamos Trascastro, onde Adrián nos conta en que consisten as aldeas modelo #xunta #galicia #tiktokgalicia #galitok #galegosnotiktok #parati #fyp #xuntadegalicia #lugo #trascastro #aldeamodelo #gandeiro #ganadero #productor #produtor #rural ♬ Simplicity - Jon Steinmeier

“Vivir no rural e do rural é posible e merece a pena e, ademais, no rural hai moitas oportunidades”. Así o defendeu a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, durante a súa intervención na entrega dos XV Premios ao Desenvolvemento Rural.

Neste evento, María José Gómez trasladou os seus parabéns aos premiados e finalistas destes galardóns e louvou as súas traxectorias que, destacou, “encaixan perfectamente cos valores, a filosofía e os criterios de actuación que promovemos desde a Consellería do Medio Rural”.

A encargada de abrir este acto foi a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, quen salientou que “cada un dos proxectos que recoñecemos é un testemuño do enxeño galego e da capacidade da nosa comunidade para adaptarse e prosperar”.

 

⚙ Configurar cookies
0.51322221755981