Un terzo das mortes por calor no mundo débese ao cambio climático

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
O estudo centrado neste eido e no que toma parte o investigador da USC Dominic Royé constata que máis de 700 persoas finan ao ano
cambio climatico
6 Jun 2021

Entre 1991 e 2018, máis dun terzo de todas as mortes nas que influíu a calor foron atribuíbles ao quecemento global. Esta é unha das conclusións ás que chegou un estudo internacional no que toma parte o investigador da USC Dominic Royé e que amosa por primeira vez a contribución real do cambio climático provocado polo home ao incremento dos riscos de mortalidade debido á calor. As achegas desta análise, a máis grande que deste tipo se ten realizado, acaban de ver a luz na revista Nature Climate Change  logo de empregar datos de 732 cidades en 43 países de todo o mundo. 

O impacto da calor durante o verán respecto ao cambio climático foi maior en países mediterráneos como España, Italia e Grecia, conclúe o estudo.

“Concretamente, o número de mortes por calor relacionada co cambio climático supera a barreira dos 700 por ano nas capitais de provincia de España”, sinala Dominic Royé. Por exemplo, esta cifra roza o centenar en Barcelona e supera os 170 en Madrid. O estudo calcula que Galicia experimenta preto dunha vintena de mortes ao ano por mor do quecemento global. 

O cambio climático está afectando a saúde humana de varias maneiras e unha vía directa está representada polo aumento da mortalidade e a morbilidade asociadas á calor. Os escenarios das condicións climáticas futuras predín un aumento substancial das temperaturas medias e a aparición de fenómenos extremos como vagas de calor, o que implicará un incremento da presión asistencial dos sistemas de saúde. Porén, ata o de agora, ningún estudo avaliara se estes impactos xa se tiñan experimentado nas últimas décadas e en que mediada. A investigación que acaba de ver a luz evidencia que o 37% das mortes relacionadas coa calor entre 1991 e 2018 poden ser atribuídas a cambios no clima relacionados coas actividades humanas.

Incremento da mortalidade

Os investigadores examinaron as condicións climáticas pasadas proxectadas en escenarios con e sen emisións antropoxénicas, polo que puideron separar o quecemento e o impacto na saúde relacionado coas actividades humanas das tendencias naturais. "Agardamos que a proporción de mortes relacionadas coa calor continúe medrando se non facemos algo contra o cambio climático” explican os investigadores. "Ata o de agora, o promedio da temperatura global só aumentou arredor de 1°C, que é unha fracción do que poderiamos afrontar se as emisións continúan aumentando sen control".

Diferenzas por territorios

O número de vítimas pola calor relacionadas co clima varía dende unhas poucas ducias ata varios centos de mortes cada ano, segundo os cambios locais do clima en cada área e a vulnerabilidade da súa poboación. As persoas que viven en países de ingresos baixos e medianos e que foron responsables dunha pequena parte das emisións antropoxénicas no pasado, son as máis afectadas, cunha proporción de mortalidade relacionada coa calor inducida polo home máis alta en América Central e do Sur e América do Sur-Este de Asia. “Este é o maior estudo de detección e atribución sobre os riscos actuais do cambio climático para a saúde”, explican os investigadores. “A mensaxe é clara: o cambio climático non só terá impactos devastadores no futuro, senón que xa estamos experimentando as nefastas consecuencias das actividades humanas no planeta”. O estudo foi coordinado pola Universidade de Berna e a Escola de Hixiene e Medicina Tropical de Londres. 

cambio climatico termometro

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.055737018585205