Un total de 169 deportistas correrán mañá a Milla Urbana de Sarria
A carreira popular Milla Urbana Sarria terá lugar o día 31 de decembro ás 18.00 horas. O día de onte era o derradeiro para realizar a inscripción, unha vez pechado o prazo, son 168 os corredores que participarán nesta cita o día de mañá.
O percorrido da carreira será nun circuíto periurbano chairo, en liña recta pola rúa Calvo Sotelo e contará con 1609 metros. A saída será ás 18.00 horas do día 31 de decembro na entrada de Sarria, na rotonda sita na estrada que ven de Samos, a meta estará á altura do Hotel Roma.
Cada corredor terá asignado un dorsal. Este entregarase o mesmo día da proba, dende ás 16.00 horas no pavillón dos Institutos de Sarria e, a cronometraxe realizarase a través de chip.
Será motivo de descualificación non realizar todo o circuito da proba, saír sen dorsal ou chip e falsificar os datos personais.
Haberá trofeos para os tres primeiros de cada categoría e premio para os gañadores absolutos masculino e feminino, consistente no seu peso en produtos cárnicos porcinos.