Un total de 50 militares comezaron o Camiño de Santiago en Sarria

SarriaXa
Un grupo de 50 militares comezaron este lunes o Camiño de Santiago dende Sarria como parte da súa instrución e adestramento.
camino santiago
17 Nov 2021

O Grupo de Obtención por Sistemas Aéreos do Rexemento De Intelixencia número 1 con base en San Andrés del Rabanedo (León) comezou a principios desta semana o Camiño de Santiago dende Sarria como parte dun exercicio de instrución e adestramento.

Ademáis do camiño, este grupo de militares utiliza medios aéreos pilotados remotamente para obter datos e información que poida ser de interese.

Habitualmente, os militares reciben adestramento no campo de maniobra e tiro de Parga en outono, este ano o adestramento está focalizado en fomentar o traballo en equipo, crear comunidade e aumentar a resistencia e o endurecemento físico.

Entre as etapas a realizar por este grupo de militares atópanse a de Portomarín, Palas de Rei e Arzúa onde se unirán compañeiros militares de Valencia. As dúas últimas etapas ata o Obradoiro farana os case 100 militares xuntos.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16619801521301