Un total de 88 equipos participarán na Copa Deputación de Fútbol

TerraChaXa | RibeiraSacraXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo patrocina unha ano máis a Copa Deputación de Fútbol, na que participarán 88 equipos de 1ª e 2ª División Feminina, Preferente Autonómica Masculina, Primeira, Segunda e Terceira Autonómica Masculina.
12 Dec 2023

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo patrocina unha ano máis a Copa Deputación de Fútbol, na que participarán 88 equipos de 1ª e 2ª División Feminina, Preferente Autonómica Masculina, Primeira, Segunda e Terceira Autonómica Masculina.

A competición, que comezará o 7 de xaneiro, ofrece aos equipos a posibilidade de participaren nunha competición de ámbito provincial, con alicientes competitivos diferentes aos das ligas, ao  tempo que supón unha inxección económica para os clubs, xa que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo premia os equipos por cada eliminatoria xogada (entre 385 e 600 euros) e concede unha contía adicional para os equipos campións e subcampións (entre 3.000 e 5.000 euros).

Efrén Castro sinalou que “o patrocinio desta competición responde ao compromiso da Vicepresidencia da Deputación co tecido deportivo, ao que se ofrece apoio económico con distintas liñas de axuda e tamén oportunidades para competir e seguir formando xogadoras e xogadores” e lembrou que “ao longo do ano se celebran tamén competicións de ámbito provincial noutras disciplinas como o baloncesto, o atletismo ou piragüismo con ese mesmo obxectivo”.

O vicepresidente da Deputación valorou tamén “a contribución destes torneos á dinamización das localidades que acollen os encontros, xa que o fútbol é un deporte que conta con moitas persoas afeccionadas”.

Calendario

Os 10 equipos da Liga Galega 1 División Feminina e Liga Galega 2 División Feminina teñen fase previa o 11 de febreiro, os cuartos de final son o 28 de marzo, as semifinais o 2 de xuño e a final o día 9.

Os 22 equipos da Preferente Autonómica e Primeira Autonómica Masculina teñen a fase previa o 11 de febreiro, octavos de final o 28 de marzo, cuartos o 1 de maio, as semifinais o 26 de maio e a final o 2 de xuño. Os 56 equipos da Segunda e Terceira Autonómica Masculina teñen a fase previa o 7 de xaneiro, os dezaseisavos de final o 11 de febreiro, octavos de final o 28 de marzo, cuartos de final o 1 de maio, semifinais o 2 de xuño e a final o día 9.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15917801856995