Un treito da estrada LU-P-2704 en Láncara estará cortado ao tráfico durante mes e medio

A Deputación de Lugo informa que desde o luns 9 de xuño e durante aproximadamente mes e medio permanecerá cortado ao tráfico un tramo da estrada LU-P-2704 no Concello de Láncara debido ás obras de execución dun muro de sostemento.
O corte afectará o tramo comprendido entre o punto quilométrico 4,650 e o 4,690 desta vía, que conecta o lugar de Veiga de Anzuelos, na parroquia de Vilarello, coa parroquia de Bande, pasando por Trasliste.
Durante os traballos habilitaranse desvíos alternativos sinalizados para garantir a circulación e permitirase o acceso a residentes nas zonas afectadas.
As actuacións contan cun orzamento de 45.375 euros.