Unha árbore caída ao río en Sarria provocou danos na canalización da auga
SarriaXa
O Concello de Sarria acometerá obras de emerxencia na rúa Río Sol debido á caída dunha árbore da ribeira que caeu sobre o río, afectando á canalización de augas residuais da zona.
11 Mar 2024
O Concello de Sarria acometerá obras de emerxencia na rúa Río Sol debido á caída dunha árbore da ribeira que caeu sobre o río, afectando á canalización de augas residuais da zona.
O alcalde, Claudio Garrido, xa avisou á Confederación Hidrográfica Miño-Sil para que proceda á retirada da árbore, xa que o río é responsabilidade desta entidade gubernamental, que se atopa estes días traballando nas marxes do río Sarria e retirando árbores danadas.
Por outra banda, desde o Concello vanse executar as obras de emerxencia para repoñer o treito de canalización de auga que resultou afectado para evitar verteduras residuais.