Unha carpa informativa sobre compostaxe doméstica estará o sábado no Incio
O Concello do Incio colocará o vindeiro sábado 22 de outubro na Praza de España, de 11.00 a 13.00 horas, unha carpa informativa coa fin de que os veciños e veciñas do termo municipal interesados en participar na campaña de compostaxe doméstica se poidan informar e inscribir.
A campaña está ideada para a participación de 40 vivendas pertencentes ao termo municipal que recibirán un composteiro de forma totalmente gratuíta.
Dende o Concello anímase a veciños e veciñas á súa participación, para entre todos, colaborar por un concello limpo e respectuoso co medio ambiente. Os interesados poderán inscribirse ben na propia carpa, ben nas oficinas municipais, presencial ou de forma telefónica, a partir do sábado 22 de outubro ata fin de existencias.
Esta iniciativa desenvolvese en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia -no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU-, e complementa a outras iniciativas desta índole desenvolvidas polo ente municipal.