Unha charla sobre o uso dos caixeiros para os cidadáns terá lugar en Triacastela

SarriaXa
Unha charla sobre o uso dos caixeiros para os cidadáns terá lugar en Triacastela por parte da entidade bancaria Abanca
Caixeiros Abanca
13 Mar 2023

O local social Fonte do Lunar de Triacastela acolle o 14 de marzo unha charla informativa sobre o 'Uso dos caixeiros de forma fácil e segura'.

A cita, que terá lugar ás 11.30 horas e será gratuíta, pretende ensinar aos veciños a usar os caixeiros para facer as túas operacións máis habituais en calquera momento.

Esta actividade conta coa colaboración da entidade bancaria Abanca.

0.16033482551575