Unha delegación de visitantes de Guerlédan participa de actividades organizadas pola irmandade de Sarria
SarriaXa
O pasado ano, acolleuse en Sarria a 32 persoas da Bretaña francesa e celebraron os 25 anos da irmandade entre Sarria e Guerlédan
18 Oct 2024
O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, recibiu no Pazo de San Marcos a unha delegación de visitantes de Guerlédan, que están participando nun programa de actividades organizado pola irmandade entre Sarria e a localidade da Bretaña.
Na penúltima visita a Galicia, en agosto do ano pasado, o colectivo francés participou en visitas guiadas ao Museo Provincial de LUgo, ao Centro de Artesanía e ao propio Pazo de San Marcos como parte da celebración dos 25 anos dos lazos entre Sarria e Guerdelán.
O pasado ano, acolleuse en Sarria a 32 persoas da Bretaña francesa que se instalaron en diferentes vivendas de sarriaos que lles abriron as súas portas durante esa semana.