Unha edición "difícil, pero emocionante", así cualifican os seus organizadores o Ribela Love and Nature

SarriaXa
Os organizadores do Ribela Love and Nature de Sarria, que tivo lugar durante os días 18 e 19 de agosto, veñen de facer un comunicado no que cualifican o evento dunha “difícil pero emocionante edición, con moitos contratempos e un clima caprichoso, pero é hora de dar as grazas ás persoas que fixeron que isto saira adiante”.
Ribela festival
3 sep 2023

Así, quixeron dar as grazas, en primeiro lugar, ás persoas que confiaron neles e asistiu a esta edición, na que non houbo ningún incidente e a xente estaba “sempre cun sorriso, incluso baixo a auga e cunha preocupación por preservar o espazo envidiable”, sostiveron.

Ademais, concretamente quixeron agradecerlle a Pablo por ser un “gran profesional, que agocha unha mellor persoa á que precisas ter preto” e a Son Acustic e o seu equipo, “que fixeron de mil cambios e improvisacións, cero problemas”.

Con respecto ás entidades colaboradoras, tamén lles fixeron unha mención, concretamente á Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a área de Cultura da Xunta de Galicia e ao Concello de Sarria.

Por último, tamén nomearon a todos os artistas que participaron, “que o fixeron incrible” e aos traballadores que durante eses días “nos destes un apoio fundamental e necesario”.

Futuro do Ribela Fest

Con respecto a unha nova edición do festival, desde a organización están convencidos de que “o futuro de Ribela Love & Nature debe continuar a partir dun frte proceso de transformación coa intención de crecer en repercusión, asistencia, sostenibilidade e tecnoloxía”.

Por iso, explican que se tomarán uns meses de análises, traballo e diálogo con todos os organismos e patrocinadores interesados, para estudar cando, onde e como poder garantizalo.

0.20177698135376