Unha estudante sarriana gaña un certame a prol dun Camiño de Santiago inclusivo

SarriaXa
A asociación sociocultural ASCM convocaba o concurso para buscar a mascota da súa iniciativa por un Camiño de Santiago accesible a todos
sarria gañadora concurso camiño inclusivo xacobín
15 Mar 2021

A asociación sociocultural ASCM, que traballa a prol da plena inclusión das persoas con discapacidade, estivo este domingo en Sarria dentro do seu percorrido por distintos concellos xacobeos para facer ver a necesidade dun Camiño de Santiago accesible para todos e todas.

O colectivo ten en marcha a iniciativa Sportodxs sobre Rodas, dentro do programa O teu Xacobeo, coa que trata de implicar a administracións públicas, tecido empresarial e centros de ensino na reclamación dun Camiño inclusivo.

Precisamente unha alumna do IES Xograr Afonso Gómez, da localidade sarriana, foi a gañadora do concurso de debuxo convocado por ASCM para elixir á mascota da iniciativa, bautizada como Xacobín. Trátase de Natalia López López, estudante de segundo da ESO, que onte recibía o seu premio.

A súa creación representará ao Camiño Francés nunha fase final do certame cos debuxos gañadoras noutras rutas xacobeas.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.13810396194458