Unha familia de Láncara pide máis axudas para persoas con enfermidades raras

SarriaXa
Rodrigo é un menor de Láncara afectado por unha enfermidade rara, por iso a súa familia puxo en marcha unha campaña en www.osoigo.com.
3 Jul 2021

Rodrigo, o neno de Láncara de 15 anos que sofre unha enfermidade rara contará con persoal de apoio para realizar actividades de verán que organiza o Concello, así como con novo material ortopédico que precisa para mellorar a súa calidade de vida.  

Así o anunciou o Alcalde de Láncara, Darío Piñeiro, tras manter o pasado xoves unha xuntanza coa súa familia e con Rodrigo, na que tamén participaron a voceira de Sanidade no Congreso, Ana Prieto, o secretario de organización do PSdeG, José Antonio Quiroga, así como a responsable da Concellería de Servizos Sociais, Begoña López.

“Rodrigo precisa axuda nestes intres, e xa anunciamos que dende o Concello de Láncara iamos a colaborar coa súa familia en todo canto estea ao noso alcance para mellorar na medida do posible a súa situación. E aínda que non é unha competencia municipal, asumiremos estas novas dotacións coa esperanza de que Rodrigo poida vivir máis comodamente e ter unha meirande calidade de vida na súa vila”, dixo Darío Piñeiro.

“Polo tanto mobilizaremos a través das axudas sociais das que dispón o Concello, os recursos necesarios para dar resposta as peticións que require á familia para atender a Rodrigo nestes intres. É o noso deber, e entre todos temos que conseguir que Rodrigo poida vivir e desfrutar aquí, con todos nós”, dixo o rexedor.

Campaña

Rodrigo é un menor de Láncara afectado por unha enfermidade rara, por iso a súa familia puxo en marcha unha campaña en www.osoigo.com, dirixida ao Congreso, para demandar máis investigación e axudas para estos casos.

0.15462398529053