Unha gandería do Páramo vendeu na poxa de Africor das Feiras de Primavera unha rese por 2.700 euros

SarriaXa
Foi a cantidade máis alta que se pagou durante a primeira poxa que organiza Africor nesta festa do Páramo
Feiras-de-Primavera-O-Páramoo-24
11 Xuño 2024

As XXVI Feiras de Primavera do Páramo acolleron a organización de diferentes actividades gastronómicas, culturais e musicais que convidaron a centos de persoas que achegarse ao Páramo durante a fin de semana.

Como novidade, Africor organizou unha poxa de gando frisón, na que se facturou un total de 25.751 euros ao poxarse por 17 animais procedentes de explotacións do Páramo, Láncara, Sarria, Cospeito, Pol e Barreiros, dos que se venderon 11. Desas reses, a máis cara foi unha dunha explotación do Páramo, Queiroga, pola que se pagaron 2.700 euros.

Ademais, houbo exposición de gando vacún no que participaron 180 animais e houbo tamén un concurso, no que foron premiadas arredor de 30 reses de 11 explotacións do Páramo, Láncara, Samos, O Corgo e Guntín.

Desta maneira, en vaca rubia galega gañou a explotación gandeira Finca Villadangos, en xatos acadou o primeiro premio a granxa de Manuel López Quiroga. Mentres que en vaca asturiana gañou Antonio Sobrado e houbo premios para vacas e xatas frisoas, nos que foron galardoados exemplares de Pena Guisande.

0.18692684173584