Unha mostra de instrumentos musicais antigos percorrerá a provincia

TerraChaXa | RibeiraSacraXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
A Deputación de Lugo pon a disposicion dos concellos a mostra itinerante A memoria do son,  sobre música e instrumentos medievais.
instrumentos antigos centrad
22 Feb 2021

A Deputación de Lugo pon a disposición dos concellos a mostra itinerante A memoria do son,  que compendia o resultado das investigacións sobre música e instrumentos medievais que se desenvolveron no obradoiro de instrumentos musicais do Centro de Artesanía e Deseño (Centrad).

Ponse en marcha esta inicaitiva  coincidindo co 70 aniversario da fundación do obradoiro de instrumentos e ten como obxectivo achegar á cidadanía o patrimonio musical que se xenerou neste centro de traballo e investigación, que é un referente en recuperación do patrimonio musical medieval.

Está aberto o prazo para solicitar esta mostra, que comezará a súa itinerancia en maio. 

A mostra está formada por sete instrumentos construídos a partir da iconografía do Pórtico da Gloria da catedral de Santiago de Compostela, do Pazo de Xelmírez e das cantigas de Afonso X: unha giga, unha rota, unha cítola, unha zanfona, unha viola de perna, unha viola de brazao e un organistro.

A exposición, comisariada por Luciano Pérez, completarase cun catálogo guía en varios idiomas, audios co son de cada instrumento para descargar a través de códigos QR e un salterio con tres partituras diferentes para que as persoas que visiten a mostra poidan tocalo.

O obxectivo é converter a mostra nun espazo no que, ademais de contemplar a feitura artesá dos instrumentos, se poida apreciar o seu son e entender o contexto no que xurdiron.

OBRADOIRO

A itinerancia da mostra A memoria do son coincide co 70 aniversario da fundación do taller de instrumentos musicais galegos polo artesán Paulino Pérez no ano 1951 co apoio da Deputación de Lugo. O obradoiro, que tivo como primeira ubicación o Pazo de San Marcos, orientouse á construcción, recuperación e revitalización de instrumentos do patrimonio musical galego e á formación de mestres artesáns.

Paulino Pérez foi pioneiro en Galiza na construción de zanfonas, o que lle valeu un amplo recoñecemento como artesán con numerosos premios e distincións. A súa habilidade na construción e manexo de instrumentos de corda  levou a desenvolver desde o obradoiro diferentes proxectos multidisciplinares vinculados á recuperación de instrumentos medievais a partir de elementos iconográficos do Pórtico da Gloria, do Pazo de Xelmírez, ou das Cantigas de Afonso X.

Desde 1995, o obradoiro está integrado no Centro de Artesanía e Deseño, que acolle unha exposición permanente de Instrumentos Musicais e Obxectos Sonoros, recoñecida como unha das coleccións máis importante en Europa de instrumentos de corda medievais dos séculos XII e XIII.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15148305892944