Unha muller carteira promociona Triacastela nun vídeo sobre o Camiño de Santiago
SarriaXa
Unha muller carteira promociona Triacastela nun vídeo sobre o Camiño de Santiago e fala dos encantos do municipio
3 Mar 2023
Unha muller carteira da Unidade de Reparto de Samos foi escollida para promocionar, a través dun vídeo, o Camiño de Santiago e os atractivos de triacastela.
Loli Veiga, a protagonista do vídeo, sentada no banco de entrada a Triacastela, mostra aos peregrinos do Camiño de Santiago que poden ver ao seu paso por Triacastela, como o castaño de Ramil, unha árbore de 850 anos, o monumento ao peregrino, a cova Eirós, a igrexa de Santiago e o río Oribio.
Este vídeo encádrase nunha serie de documentos audiovisuais de Correos para promocionar diferentes poboacións polas que transcorre o Camiño de Santiago.