Unha nova aula para seguir educando, a aposta do centro educativo de Triacastela

SarriaXa
O Ceip Eduardo Cela Vila de Triacastela vén de inaugurar un novo espazo educativo e de traballo: a aula da natureza, localizada no exterior do centro educativo.
aula natureza triacastela
30 Abr 2024

O Ceip Eduardo Cela Vila de Triacastela vén de inaugurar un novo espazo educativo e de traballo: a aula da natureza, localizada no exterior do centro educativo.

Esta está formada por dúas mesas de madeira e bancos onde os nenos e nenas se poden sentar na parte verde da escola.

Alí, o profesorado pretende traballar e relacionar os contidos e as capacidades curriculares coa contorna próxima, dotando de emoción e significado a aprendizaxe.

0.15738606452942